Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Martes, 03 de febreiro de 1998 Páx. 1.021

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/83-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T. Razamonde-Barbantes.

Situación: Cenlle, Punxín.

Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV en conductor LA-56, de 1.419 m, derivada desde derivación ó C.T. Razamonde II, e remata no apoio 121. Liña aérea idéntica á anterior de 2.117 m, derivada desde apoio 44 da L.M.T. Razamonde-Barbantes, e remata nun apoio desde o que continúa a L.M.T. actual. Liña aérea idéntica a anterior de 357 m, derivada desde un apoio existente donde enlaza coa L.M.T. actual Razamonde-Barbantes, e remata no apoio 46 desde o que se realiza a derivación ó C.T. Bodegas Arnoia e continúa a L.M.T. actual Razamonde-Barbantes.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 26 de novembro de 1997.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

396