Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Martes, 03 de febreiro de 1998 Páx. 1.019

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/80-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: modificado proxecto Arxentina-Campo Grande.

Situación: A Rúa.

Descricións técnicas: liña aérea a 15 kV, en conductor LA-56, de 100 m derivada desde un apoio da L.M.T. a C.T. Campo Grade, e remata en apoio da L.M.T. a C.T. de Campo Grande. Liña subterránea a 15 kV, en conductor R.H.V. 12/20, de 530 m derivada desde C.T. rúa Arxentina, e remata en C.T. Campo Grande. Liña subterránea a 15 kV, en conductor R.H.V 12/20, de 25 m derivada desde o último apoio da L.M.T. o C.T. de Campo Grande, e remata no C.T. proxectado en caseta Pref. en Campo Grande con 250 kVA, 15 kV/380-220 V e a rede de baixa tensión en R.Z., de 50 metros.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 26 de novembro de 1997.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

355