Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación, en sesión do 23 de xaneiro de 1998, a modificación puntual das vixentes normas subsidiarias de planeamento correspondente ó S.A.U.I Sector 1 de Sigüeiro, co obxecto de aproba-lo plan parcial do parque empresarial misxto de Sigüeiro, sométese a información pública polo prazo dun mes, contado a partir da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal poderá ser examinado nos servicios técnicos do concello, para formula-las alegacións que se consideren pertinentes.
Ó mesmo tempo faise pública, como áreas afectadas pola suspensión do outorgamento de licencias de parcelacións de terreos, edificacións e demoli
cións as abranguidas no ámbito territorial abarcado polo S.A.U.I Sector 1 de Sigüeiro, toda vez que as novas determinacións supoñen modificación do réxime urbanístico vixente. A suspensión terá unha duración máxima dun ano e extinguirase, en todo caso, coa aprobación definitiva da modificación puntual.
Oroso, 26 de xaneiro de 1997.
O alcalde
Rubricado
664