Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Venres, 30 de xaneiro de 1998 Páx. 854

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 5 de xaneiro de 1998, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual do plan parcial do polígono industrial de Sabón, en Arteixo, consistentes na modificación do trazado do vial que, a través da parcela nº 95, comunica a avenida do Embalse coa avenida da Prensa, promovido por Luciano Vázquez Guillén, en representación de General de Edificios y Solares, S.L., e redactado polo arquitecto José Miguel Vázquez García, que queda sometido a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do seguinte ó da aparición do presente anuncio no Diario oficial de Galicia, durante o cal as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo, sitas na avenida do Balneario, nº 10-1º, Arteixo, e presenta-las alegacións que consideren convenientes. (Expediente 31/1997. PMP).

Arteixo, 19 de xaneiro de 1998.

Manuel Pose Miñones

Alcalde

362