Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Venres, 30 de xaneiro de 1998 Páx. 851

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se abre información pública para a autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do anexo ó proxecto de execución do parque eólico de Nordes. (Expediente 007-EOL).

Para os efectos previstos nos decretos 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, 2366/1994, sobre producción de enerxía eléctrica e artigo 52 e 53 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, de aplicación, tendo en conta a disposición transitoria segunda da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e 205/1995 polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude da empresa Ineuropa Eólica del Xistral, S.A., para autorización administrativa, declaración de utilidade pública, que implicará a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, e aprobación do anexo ó proxecto de execución do parque eólico de Nordes, que xa foi sometido a información pública por Resolución do 13 de outubro de 1997, desta delegación provincial:

Peticionario: Ineuropa Eólica del Xistral, S.A. Praza de Ferrol, 6-10. 27001-Lugo.

Situación: concellos de Muras e O Valadouro (Lugo).

Afección a predios particulares:

Un. As afeccións incluídas no anexo designadas como: aeroxerador, superficie de apoio implica a ocupación de pleno dominio dos terreos.

Dous: As afeccións incluídas como camiño, superficie e aeroxerador, superficie explanada, implican a servidume permanente de paso coas seguintes limitacións ó dominio:

1. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares, así como plantar árbores e arbustos.

2. Prohibición de efectuar calquera tipo de obras ou efectuar algún acto que puidera danar ou perxudica-lo bo funcionamento das instalacións.

3. Libre acceso do persoal e equipos necesarios para executar, manter, renovar ou reparar-las instalacións.

4. Prohibición de plantar árbores de gran tamaño a menos de 50 metros respecto ó eixe de cada aeroxerador.

O que se fai público para coñecemento xeral e dos propietarios dos predios e demais titulares afectados que non chegaron a un acordo coa entidade solicitante, e que figuran na relación que se insire como anexo deste anuncio, así como as persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados fosen omitidos, para

que se poidan examina-lo proxecto e presenta-las obxeccións ou alegacións a este, no prazo de 30 días, nesta delegación provincial sita no edificio administrativo. Ronda da Muralla, 70 (Lugo-27071).

É de significar que esta publicación se realiza igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de notificación ós titulares descoñecidos dos predios que se describen no anexo.

ANEXO:

Propietario: descoñecido.

Predio: 1.

Concello: Muras.

Lugar: Monte de Silán.

Cultivo: monte baixo.

Afeccións:

Aeroxerador:

Superficie apoios: 242 m.

Superficie explanada: 1.080 m.

Superficie camiños: 2.116 m.

Lugo, 20 de xaneiro de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9681