Na sesión celebrada o día 21 de xaneiro de 1998, o tribunal adoptou os seguintes acordos:
1º Non anular ningunha pregunta das que consta o primeiro exercicio.
2º Publica-las listas de puntuacións dos aspirantes que realizaron o primeiro exercicio da fase de oposición, no recinto onde se celebrou o exame, así como no taboleiro de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública.
De acordo coas bases II 2.1 a) e II 2.2 a) da convocatoria, superaron o primeiro exercicio os aspirantes que obtiveron unha puntuación de 10 ou máis puntos.
3º Excluír da relación de aspirantes presentados ó primeiro exercicio a Antonia Álvarez Álvarez, DNI 34.566.225, por non estar admitida nesta categoría.
Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 1998.
Javier Bouzada Romero
Presidente do tribunal
90