Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Xoves, 29 de xaneiro de 1998 Páx. 794

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de modificación singular das normas subsidiarias de ordenación urbana do municipio de Nigrán, referida á UA-21.

O Pleno do Concello, en sesión celebrada o día 28 de novembro de 1997, aprobou con carácter inicial a proposta de modificación das normas subsidiarias de planeamento, que contén a previsión dunha nova unidade de actuación, a UA-21, na Ramallosa, onde se prevé unha praza pública e unha edificación de tipoloxía de vivenda colectiva, de tres plantas (B+2), da que a segunda planta se realizará como cuberta.

Polo presente anuncio sométese a información pública o expediente polo prazo dun mes, período durante o que poderá ser examinado e formularse alegacións.

Ó propio tempo faise pública a suspensión do outorgamento de licencias na área afectada.

Nigrán, 5 de decembro de 1997.

José Villar Pereira

Alcalde

124