Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Xoves, 29 de xaneiro de 1998 Páx. 787

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto de liña a M.T. Cangas-Latón ó C.T. San Lourenzo, no concello de Moaña, a favor da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. (Expediente 63/1993 A.T.).

En cumprimento do ordenado no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa en relación co número 6 do artigo 31 do regulamento da Lei 10/1966, do

18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, faise saber, en resumo, a tódolos interesados afectados pola execución do proxecto de referencia do que a súa urxente ocupación foi outorgada polo Decreto 344/1997, do 6-11-1997, (DOG nº 230, do 27-11-1997), que o día 12-2-1998, a partir das 11 horas, o representante da Administración dará comezo ó levantamento sobre o terreo das actas previas á ocupación, correspondentes ós predios situados no concello de Moaña, sinalados cos números que en folla adxunta se deta

llan previndo ós ditos interesados que na respectiva notificación individual, que mediante cédula se lles practicará, coa debida anticipación legal, o día e hora en que para cada un terá lugar a dita dilixencia, prevíndoos tamén, que nos ditos actos poderán facerse acompañar dos seus peritos ou dun notario, pola súa conta se así o considerasen conveniente.

A relación será fixada no taboleiro de anuncios do concello e nos desta delegación.

Vigo, 30 de decembro de 1997.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente nº: 63/1993 A.T.Provincia: Pontevedra

Liña M.T. a C.T. San LourenzoConcello: Moaña

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosDomicilionºmmlm

4/2Campo da NaiMonteDescoñecido 16 256

4/4Campo da NaiMonteDescoñecido 20 240

5/1Cavada de CambeiroMonteDescoñecido71 38 608

5/3Cavada de CambeiroMonteDescoñecido 54 864

6/2CambeiroMonteDescoñecido 9 100

6/3CambeiroMonteDescoñecido 901.440

409