Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Mércores, 28 de xaneiro de 1998 Páx. 768

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIVEIRO

ANUNCIO de licitación da redacción dun plan xeral de ordenación municipal

O Pleno do Concello, en sesión extraordinaria que tivo lugar o día 4 de decembro de 1997, deulle aprobación ó prego de condicións económico-administrativas particulares que rexerán o concurso aberto para a adxudicación dos traballos de redacción dun Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Sométese a exposición pública no Negociado Municipal de Obras, Urbanismo e Contratación, de 9 a 14 horas, durante un prazo de oito días contados desde a publicación deste anuncio no derradeiro dos boletíns oficiais, para que os interesados poidan examinalo e presenta-las alegacións oportunas.

Asi mesmo, anúnciase o concurso público para a contratación, se ben a licitación quedará adiada no caso de que se presentasen reclamacións contra aquel, durante o prazo sinalado.

Tipo de licitación: o tipo de licitación é de vintecinco millóns setecentas trinta e sete mil (25.737.000) pesetas, IVE incluído.

Cumprimento do contrato: o contrato desenvolverase con estricta suxeición ó prego de prescricións técnicas redactado pola Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, que figura como anexo ó prego de condicións. O prazo de presentación do avance será de seis meses desde o asinamento do contrato. O prazo total será de dezaoito meses contados desde a mesma data, se ben o seu cómputo quedará interrompido coa entrega ó concello dos traballos de cada fase e reanudarase coa devolución do expediente ó adxudicatario para a continuación da tramitación.

Clasificación do contratista: grupo 1, subgrupo 1, categoría A.

Garantías provisional e definitiva: 514.740 e 1.029.480 pesetas, respectivamente.

Lugar e prazo de presentación: as proposicións presentaranse no rexistro xeral do concello, de 9 a 14 horas, durante os 26 días naturais seguintes á publicación do anuncio no BOP de Lugo e no Diario Oficial de Galicia.

Gastos de publicidade.- Por conta do adxudicatario.

Viveiro, 16 de decembro de 1997.

Justo Vázquez Chao

Alcalde acctal.