Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Mércores, 28 de xaneiro de 1998 Páx. 759

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/57-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Ourense, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., saídas subestación O Carballiño.

Situación: O Carballiño.

Descricións técnicas: liña subterránea a 20 kV, saída 1, en conductor R.H.V. 12/20 de 1.110 m,

desde subestación O Carballiño a L.M.T. aérea de Cea. Liña subterránea a 20 kV, saída 2, en conductor R.H.V. 12/20 de 600 m, desde subestación O Carballiño a L.M.T. aérea a C.T. de Arcos. Liña subterránea a 20 kV, saída 3, en conductor R.H.V. 12/20 de 510 m, desde subestación O Carballiño a C.R. do Carballiño. Liña subterránea a 20 kV, saída 4, en conductor R.H.V. 12/20 de 510 m, desde subestación O Carballiño a C.R. O Carballiño. Liña subterránea a 20 kV, saída 5, en conductor R.H.V. 12/20 de 1.900 m, desde subestación O Carballiño a C.R. O Carballiño.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 27 de novembro de 1997.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

353