Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Mércores, 28 de xaneiro de 1998 Páx. 754

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 1998 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso á praza de profesorado desta universidade convocada por Resolución do 7 de marzo de 1997.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo R.D. 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e celebrado o sorteo establecido no artigo 6.6º do dito real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición da comisión que resolverá o concurso para a provisión de praza de profesorado desta universidade, convocada por resolución da Universidade de Vigo do 7 de marzo de 1997 (BOE do 28 de marzo) e que é a que se relaciona como anexo a esta resolución.

A dita comisión deberase constituír nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade, nun prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

Vigo, 8 de xaneiro de 1998.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

ANEXO

-Nº praza: 22/97.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: traducción e interpretación.

Comisión titular:

Presidente: Joan Fontcuberta Gel, catedrático de universidade. Universidade Autónoma de Barcelona.

Vocal secretaria: María Elena Sánchez Trigo, profesora titular de universidade. Universidade de Vigo.

Vocais: Roberto Dengler Gassín, catedrático de Universidade. Universidade de Salamanca.

Zinaida Lvovskaya Mezhibovskaya, profesora titular de universidade. Universidade das Palmas de Gran Canaria.

Gloria Corpas Pastor, profesora titular de universidade. Universidade de Málaga.

Comisión suplente:

Presidente: José Luis Rodríguez Fernández, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal secretario: Leandro Feliez Fernández, profesor titular de universidade. Universidade de Málaga.

Vocais: Ramón Lorenzo Vázquez, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Salvador Peña Martín, profesor titular de universidade. Universidade de Málaga.

Elena Echeverría Pereda, profesora titular de universidade. Universidade de Málaga.

338