Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Mércores, 28 de xaneiro de 1998 Páx. 753

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 1998 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de ciencia dos materiais e enxeñería metalúrxica, do departamento de Enxeñería dos Materiais, Mecánica Aplicada e Construcción, a Gloria María Pena Uris (praza 10/1997).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por

resolución desta universidade do 7 de marzo 1997 (BOE do 7 de febreiro), para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de ciencia dos materiais e enxeñería metalúrxica, do departamento de Enxeñería dos Materiais, Mecánica Aplicada e Construcción, a prol de Gloria María Pena Uris, con documento nacional de identidade número 36.044.017, e cumprindo a interesada os requisitos do apartado 2 do artigo 5º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Gloria María Pena Uris, profesora titular de universidade da área de coñecemento de ciencia dos materiais e enxeñería metalúrxica, do departamento de Enxeñería dos Materiais, Mecánica Aplicada e Construcción.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 8 de xaneiro de 1998.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

336