Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Martes, 27 de xaneiro de 1998 Páx. 718

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno deste concello, en sesión celebrada o día 15 de xaneiro de 1998, aprobou con carácter inicial e a reserva de emenda de diversas deficiencias, o proxecto de urbanización da UA nº 10 delimitada no PXOU promovido pola Sociedade EPAAT, S.L., propietaria dos terreos, e redactado polo arquitecto Francisco Javier García-Argüelles Suárez, e sometelo a información pública polo prazo dun mes na forma establecida na normativa vixente.

Durante o prazo indicado poderá ser examinado o documento nas oficinas municipais e formularse as alegacións que se consideren pertinentes.

Culleredo, 20 de xaneiro de 1998.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde

10423