Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Martes, 27 de xaneiro de 1998 Páx. 717

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CALDAS DE REIS

ANUNCIO.

O Concello Pleno, na sesión ordinaria do día vinteseis de decembro de mil novecentos noventa e sete adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

-Desestima-las alegacións formuladas por Ramón Losada Valiño, DNI nº 35.344.519, á vista do informe técnico emitido para o efecto.

-Aprobar definitivamente as bases de actuación e estatutos da xunta de compensación do plan parcial do SAU nº 1.

-Nomear a José Mª Tobío Barreira, na súa condición de presidente da Comisión Informativa de Obras e Urbanismo, representante do concello no órgano rector da xunta de compensación.

-Requiri-los propietarios afectados e que non solicitaron a súa incorporación á xunta, para que así efectúen se o desexan, no prazo dun mes contado desde a notificación deste acordo, coa advertencia da expropiación prevista no artigo 134 da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Trancorrido este prazo, o concello requirirá os interesados para que constitúan a xunta de compensación mediante escritura pública, de conformidade co artigo 133 da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Caldas de Reis, 7 de xaneiro de 1998.

O alcalde

Rubricado

555