Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Martes, 27 de xaneiro de 1998 Páx. 715

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 decembro de 1997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se lle autoriza a instalación dunha planta de coxeración de enerxía eléctrica á empresa Protección Medio Ambiental, S.L., no concello de Sanxenxo (Pontevedra), e se inclúe no réxime especial creado polo Real decreto 2366/1994. (Expediente 2/1997).

Visto o escrito presentado pola empresa Protección Medio Ambiental, S.L., con enderezo para, efectos de notificacións en Lendo, Laracha e tendo en conta os seguintes feitos:

Primeiro.-Con data do 15 de outubro de 1997, a empresa Protección Medio Ambiental, S.L. solicitou da Dirección Xeral de Industria a autorización administrativa e o recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica creado polo Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións hidráulicas, de coxeración e outras abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, para unha planta de coxeración que ten previsto instalar nas instalacións que a dita empresa ten en Vilalonga, Sanxenxo.

Acompaña a dita solicitude o preceptivo anteproxecto das instalacións e demais documentación a que fai referencia o artigo 5.4 do citado Real decreto 2366/1994.

As características técnicas básicas da planta de coxeración serán as seguintes:

-Dous motores de combustión interna alternativos, accionados por refugallos pretratados, de 3.675 kW de potencia cada un.

-Dous xeradores síncronos trifásicos, de 4.600 kVA cada un, tensión de xeración 6 kV.

-Un transformador elevador de 9,2 MVA, R.D.T. 6/15-20kV.

-Instalación de interconexión coas liñas eléctricas da compañía eléctrica distribuidora e auxiliares de media tensión para a propia factoría e instalacións complementarias de aproveitamento de calor.

Segundo.-De conformidade có establecido no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación ó presente expediente, en virtude do establecido na disposición transitoria primeira da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, por resolución da Dirección Xeral de Industria do 28 de outubro de 1997 sométese a información pública a autorización administrativa da instalación de referencia, publicada no DOG do 7 de novembro de 1997 e BOP de Pontevedra do 10 de novembro deste mesmo ano, sen que se recibise no período legalmente establecido ningunha alegación ó proxecto presentado.

Terceiro.-A solicitude obxecto deste expediente está informada favorablemente pola Delegación Provincial desta consellería en Pontevedra.

Cuarto.-Na tramitación do expediente seguíronse os trámites legalmente establecidos.

Fundamentos de dereito

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente, de conformidade co sinalado no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, Decreto 132/1982, do 4 de novembro e Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polos decretos 140/1991, do 2 de maio, 292/1995, do 3 de novembro e 187/1997, do 3 de xullo, en relación co Decreto 2617/1996, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro e disposición transitoria primeira da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.-De conformidade co sinalado no apartado c) do artigo 5 do citado Real decreto 2366/1994, a empresa Protección Medio Ambiental, S.L. conta coa preceptiva autorización administrativa para a utilización de refugallos como combustible, outorgada por resolución da Dirección Xeral de Industria con data do 9 de xuño de 1992 e 9 de setembro de 1997.

Terceiro.-Examinada a documentación que figura no expediente, queda de manifesto que debe accederse ó solicitado pola empresa Protección Medio Ambiental, S.L. e, por conseguinte, proceder á autorización administrativa da planta e recoñecerlle a condición de instalación acollida ó réxime especial do Real decreto 2366/1994.

Vistos os preceptos legais citados e demais de pertinente e xeral aplicación, esta Dirección Xeral de Industria,

RESOLVE:

1º) Autorizarlle a instalación dunha planta de coxeración á empresa Protección Medio Ambiental, S.L. que se situará nas instalacións que a dita empresa ten en Vilalonga, Sanxenxo.

2º) Recoñecerlle á planta de coxeración autorizada a condición de instalación acollida ó réxime especial do Real decreto 2366/1994, e incluíla no grupo b) do artigo 2 do dito real decreto.

Como requisito necesario para a aplicación do réxime especial á dita instalación, a citada empresa deberá inscribir aquela no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xullo de 1995 (DOG do 14-7-1995), para o que acreditará o cumprimento das condicións pre

vistas no artigo 11 do Real decreto 2366/1994, presentando a documentación que figura nas instruccións dictadas por esta dirección xeral en desenvolvemento da citada orde.

O promotor presentará ante a Dirección Xeral de Industria, no prazo dun ano contado a partir da data de publicación no DOG da presente resolución, o proxecto de execución da planta de coxeración autorizada, a cal conterá os datos e condicións técnicas para a realización das instalacións de conexión da central á rede, que serán facilitados pola empresa que distribúa enerxía eléctrica na zona, así como o punto de interconexión.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interpoñerse, se é o caso, recurso ordinario ante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día da súa publicación.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 1997.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

98-264