Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Martes, 27 de xaneiro de 1998 Páx. 712

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/224-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Enderezo social: Marqués de Valladares, 23-2º Of. 2, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. xeral Salvaterra-Salceda, tramo Lagoa-Cabreira.

Situación: Salvaterra de Miño.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 3.611 m de lonxitude, con conductor LA-180, sobre apoios metálicos, desde o apoio 12 da L.M.T. existente no barrio de Lagoa ata o apoio 40 da mesma liña en Cabreira, onde entroncan as liñas de Alxán, Granxa e Cabreira-Laxe, concello de Salvaterra de Miño.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 9 de decembro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

253