Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Luns, 26 de xaneiro de 1998 Páx. 688

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

CONCURSO para edición do libro Ourense Etnográfico.

De conformidade co que acordou a Comisión de Goberno, na sesión do día 9 do actual, convócase concurso para a edición de 3.000 exemplares do libro Ourense etnográfico, en formato 240x320 mm; nº de páxinas: 384 con 5 despregables a 4/4 tintas; papel: estucado brillo 170 gr; encadernación: cartoné cromo plastificado mate con brillo selectivo; camisa: plastificada mate con brillo selectivo impresa a 4/0 tintas; gardas: papel Torreon 120gr.

Por conta da empresa o orzamento da obra comprenderá:

Dereitos do autor: por traballos de campo e elaboración de textos; ilustracións: 359 transparencias para as seleccións de color; fotomecánica e filmación de textos; deseño; maquetación; impresión; encadernación. O prazo de entrega a partir da adxudicación do traballo será de 30 días. O tipo de licitación á baixa e de 19.216.000 ptas. e a fianza provisional é do 2% do tipo de licitación, sendo a definitiva do 4%.

As ofertas e documentación presentaranse ata as 12 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación do anuncio e bases no BOP de Ourense e no Diario Oficial de Galicia, computándose a partir da última publicación, e a apertura de plicas realizarase no Pazo Provincial ás 12 horas do día hábil seguinte, agás sábados.

Modelo de proposición: Don/a ..., con domicilio en ..., DNI núm. ..., en nome propio (ou en representación de ..., segundo acredita con ...), informado/a do expediente e condicións para contrata-la subministración que se indica da Deputación de Ourense, anunciadas no ... nº ..., de data ..., comprométese ás prestacións que se expresan coa baixa que se sinala. Concepto: edición de 3.000 exemplares do libro Ourense etnográfico; tipo de licitación: 19.216.000 ptas.; baixa que ofrece ...%. Lugar, data e sinatura.

Ourense, 13 de xaneiro de 1998.

O presidente

Rubricado