Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Luns, 26 de xaneiro de 1998 Páx. 687

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudio de detalle do soar sito na rúa López Mora, 46 (expediente 4424/411).

O Pleno do Concello de Vigo acordou en sesión celebrada o día 17 de novembro de 1997 aprobar definitivamente o estudio de detalle na rúa López Mora, 46, presentado por Carolina Lago Silva, e redactado polos arquitectos Fraga Fernández, con documentación visada polo COAG dos días 19 de maio e 17 de xuño de 1997, consonte o informe e demais documentación que consta no expediente administrativo e nos mesmos termos nas súa aprobación inicial.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 27 de novembro de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo

524