Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: C.T. Valiño.
Situación: concello de Campo Lameiro.
Descricións técnicas: C.T. de 160 kVA, relación de transformación 20 kV/400-231 V, no p.k. 103,100 da estrada PO-223 en Valiño, concello de Campo Lameiro.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Pontevedra, 18 de decembro de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
248