Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Luns, 26 de xaneiro de 1998 Páx. 682

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/378-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Enderezo social: Marqués de Valladares, 23-2º, Ofic. 2, 36201 Vigo.

Denominación: reforma L.M.T. Alxán, tramo Cabreira-Cabreira F.

Situación: Salvaterra de Miño.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 1.280 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón e metálicos, desde o apoio 40 da L.M.T. xeral Salvaterra-Salceda ata o C.T. existente de Cabreira-F, concello de Salvaterra de Miño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 2 de decembro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

245