Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Venres, 23 de xaneiro de 1998 Páx. 633

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 1997 pola que se convoca concurso público para a provisión das prazas de corpos docentes universitarios 115 a 126/1997.

De conformidade co establecido no título quinto da Lei 11/1983, do 25 agosto, e no artigo 2.4º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado resolveu convocar concurso para as prazas que se relacionan no anexo I da presente resolución, conforme as seguintes bases:

Primeira.-Os ditos concursos rexeranse polo disposto na Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto (BOE do 1 de setembro); Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (BOE do 26 de outubro), modificado parcialmente polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño (BOE do 11 de xullo); Orde do 28 de decembro de 1984 (BOE do 16 de xaneiro de 1985) e, no non previsto, pola lexislación xeral de funcionarios civís do Estado, e tramitaranse independentemente para cada unha das prazas convocadas.

Segunda.-Para ser admitido ós citados concursos requírense os seguintes requisitos xerais:

a) Ser español. Non obstante, poderán participar en idénticas condicións cós españois:

-Os nacionais dos demais estados membros da Unión Europea logo de acreditaren a nacionalidade consonte o disposto na Lei 17/1993, do 23 de decembro (BOE do 24), sobre o acceso a determinados sectores da función pública dos nacionais dos demais estados membros da Unión Europea e demais normativa de desenvolvemento.

-Trala acreditación, os nacionais daqueles estados ós que, en virtude de tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa aplicable a libre circulación de traballadores nos termos en que esta está definida no Tratado Constitutivo da Unión Europea.

b) Ter cumpridos os dezaoito anos e non ter cumpridos os setenta anos de idade.

c) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servicio da Administración pública en virtude de expediente disciplinario, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

d) Non padecer enfermidade nin defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento das funcións correspondentes a profesor de universidade.

Terceira.-Deberán reunir, ademais, as condicións específicas que se sinalan no artigo 4.1º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, segundo a categoría da praza, e, de se-lo caso, titulación suficiente debidamente recoñecida polo Ministerio de Educación e Cultura para o exercicio profesional en España como profesor universitario.

Cando estando en posesión do título de doutor, se concorra a prazas de catedrático de universidade, conforme o previsto no artigo 4.1º c), do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, e non se pertenza a ningún dos corpos que nel se sinalan, os interesados deberán acreditar ter sido eximidos de tales requisitos dentro do prazo fixado para solicita-la participación no concurso.

Non poderá concursar a prazas de profesor titular de universidade quen estivese contratado durante máis de dous anos como axudante nesta universidade, salvo as excepcións previstas no artigo 37.4º da Lei 11/1983, do 25 de agosto (BOE do 1 de setembro), de reforma universitaria.

Cuarta.-Quen desexe tomar parte no concurso remitiralle a correspondente solicitude ó rector da Universidade de Vigo, por calquera dos procedementos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27) de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de vinte días hábiles a partir do día seguinte a aquel no que teña lugar a publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado, mediante instancia, segundo o modelo do anexo II, debidamente cuberta, xunto cos documentos que acrediten reuni-los requisitos para participar no concurso. A concorrencia dos ditos requisitos deberá estar referida sempre a unha data anterior á de expiración do prazo fixado para solicita-la participación no concurso.

Os aspirantes deberán xustificar ter aboadas 9.180 ptas. en concepto de inscrición na conta da Universidade de Vigo, nº 0040225994 de Caixavigo, (oficina principal, rúa García Barbón, 1-3) epígrafe -outros ingresos-, achegando coa súa solicitude resgardo acreditativo do ingreso realizado facendo referencia a esta convocatoria.

Quinta.-Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, o rector da Universidade de Vigo, por calquera dos procedementos establecidos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, remitiralles a tódolos aspirantes relación completa de admitidos e excluídos, con indicación das causas de exclusión. Contra a dita resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector no prazo de quince días hábiles contados desde o seguinte ó da notificación da relación de admitidos e excluídos.

Sexta.-O presidente da comisión, dentro do prazo legalmente establecido para a súa constitución, dictará unha resolución que lles deberá ser notificada a tódolos interesados cunha antelación mínima de 15 días naturais respecto da data do acto para o que se cita, convocando a:

a) Tódolos membros titulares da comisión e, se é o caso, os suplentes necesarios para efectua-lo acto de constitución daquela.

b) Tódolos aspirantes admitidos para participar no concurso, para realiza-lo acto de presentación dos concursantes e, con sinalamento do día, a hora e lugar de celebración do dito acto.

Sétima.-No acto de presentación os concursantes entregaranlle ó presidente da comisión a documentación sinalada nos artigos 9 e 10 do Real decreto

1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, segundo se trate de concurso ou concurso de méritos.

Oitava.-Os candidatos propostos para a provisión das prazas deberán presentar na Secretaría Xeral desta universidade, no prazo dos quince días hábiles seguintes ó de conclusión da actuación da comisión, por calquera dos medios sinalados no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os seguintes documentos:

a) Fotocopia do documento nacional de identidade ou documento equivalente de ser nacional dun Estado membro da Unión Europea.

b) Certificación médica oficial de non padecer enfermidade nin defecto físico ou psíquico que impida o desempeño das funcións correspondentes a profesor de universidade.

c) Declaración xurada de non ter sido separado de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario e non atoparse inhabilitado para o acceso e exercicio da función pública.

Os que tiveren a condición de funcionarios públicos de carreira estarán exentos de xustifica-los ditos documentos e requisitos, debendo presentar certificación do ministerio ou organismo do que dependan, acreditativa da condición de funcionarios e cantas circunstancias consten na folla de servicios.

Vigo, 19 de decembro de 1997.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

ANEXO I

-Número de prazas: 1.

Praza número: 115/1997.

Corpo ó que pertence a praza: catedráticos de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: teoría do sinal e comunicacións.

Departamento ó que está adscrita: Tecnoloxías das Comunicacións.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en materias da área.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 116/1997.

Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: bioquímica e bioloxía molecular.

Departamento ó que está adscrita: Bioquímica, Xenética e Inmunoloxía.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en bioquímica e bioloxía molecular.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 117/1997.

Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: xenética.

Departamento ó que está adscrita: Bioquímica, Xenética e Inmunoloxía.

Actividades que realizará por quen obteña a praza: docencia en xenética.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 118/1997.

Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: álxebra.

Departamento ó que está adscrita: Matemáticas.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en matemáticas I (química).

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 119/1997.

Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: traducción e interpretación.

Departamento ó que está adscrita: Traducción, Lingüística e Teoría da Literatura.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en traducción xeral c-a: francés/español e traducción xeral c-a: francés/galego.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 120/1997.

Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: explotación de minas.

Departamento ó que está adscrita: Enxeñería dos Recursos Naturais e Medio Ambiente.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en xeotecnia (4º curso titulación minas).

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 121/1997.

Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: teoría do sinal e comunicacións.

Departamento ó que está adscrita: tecnoloxías das comunicacións.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en radiación e ondas guiadas.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 122/1997.

Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: dereito mercantil.

Departamento ó que está adscrita: Dereito Privado.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en dereito mercantil.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 123/1997.

Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: organización de empresas.

Departamento ó que está adscrita: Organización de Empresas e Marketing.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en organización de empresas.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 124/1997.

Corpo ó que pertence a praza: catedráticos de escola universitaria.

Área de coñecemento á que corresponde: economía aplicada.

Departamento ó que está adscrita: Economía Aplicada.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en economía española e mundial.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 125/1997.

Corpo ó que pertence a praza: catedráticos de escola universitaria.

Área de coñecemento á que corresponde: economía financeira e contabilidade.

Departamento ó que está adscrita: Economía Financeira e Contabilidade.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en contabilidade.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 126/1997.

Corpo ó que pertence a praza: catedráticos de escola universitaria.

Área de coñecemento á que corresponde: economía financeira e contabilidade.

Departamento ó que está adscrita: Economía Financeira e Contabilidade.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en contabilidade.

Clase de convocatoria: concurso.

172