Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Xoves, 22 de xaneiro de 1998 Páx. 603

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de concurso aberto para a contratación da prestación do servicio do programa educativo Vigo por Dentro.

1. Entidade adxudicadora. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Educación, Patrimonio e Contratación. Nº expediente 10787/240.

2. Obxecto do contrato. Descrición: prestación do servicio do programa educativo Vigo por dentro.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo do contrato: ano 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 40.678.880 ptas.

5. Garantías. Provisional: 813.578 pesetas.

Definitiva: 4% do prezo do contrato.

6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Pza. do Rei s/n, 36202 Vigo, teléfono (986) 81 01 48. Fax (986) 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: grupo III, subgrupo 3, categoría b ou grupo III, subgrupo 8, categoría b.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 19 da Lei 13/1995.

8. Presentación de ofertas: data límite: 13 días naturais seguintes á publicación do anuncio de licitación no BOP de Pontevedra.

Documentación: a esixida na cláusula 9 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas. Entidade, domicilio e localidade: Secretaría Xeral do Concello de Vigo, Pza. do Rei s/n, 36202 Vigo.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte á data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase ó recollido na cláusula 9.4 do prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 22 de decembro de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

420