Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Xoves, 22 de xaneiro de 1998 Páx. 602

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 1997 pola que se publica a contratación da subministración de vestiario diverso con destino ó corpo municipal de bombeiros, pertencente ó exercicio de 1997.

1. Entidade adxudicataria.

Concello de Pontevedra. Praza de España, s/n. 36071 Pontevedra.

a) Órgano de contratación: Comisión de Goberno.

b) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de vestiario diverso con destino ó corpo municipal de bombeiros, pertencente o exercicio de 1997.

b) Lugar de entrega: parque de bombeiros.

c) Prazo de entrega: o adxudicatario queda obrigado a efectua-la entrega da subministración no pra

zo de trinta días, contados desde a formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento de licitación.

3.361.700 ptas., incluído todo xénero de gastos e IVE.

5. Garantías.

a) Provisional: 67.234 ptas.

b) Definitiva: 134.468 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Lugar: Unidade de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra. Praza de España, s/n. Pontevedra 36071. Teléfono: (986) 80 43 00. Telefax: 86 01 02.

b) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: cláusula 9º do prego.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra. De 9 a 13 horas.

d) Prazo no que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

8. Apertura das ofertas.

Pola mesa de contratación ás 8.30 horas do primeiro mércores seguinte hábil ó da terminación do prazo sinalado para a presentación de ofertas.

9. Gastos.

Serán por conta do adxudicatario os seguintes gastos:

a) Os de anuncios que xere o procedemento e os seus actos preparatorios.

b) Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato de subministración, incluído o IVE.

c) Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo de conformidade coa Ordenanza Fiscal reguladora da taxa.

d) Os de transporte e entrega da subministración.

Pontevedra, 22 de decembro de 1997.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

449