Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Xoves, 22 de xaneiro de 1998 Páx. 601

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIRO

ANUNCIO.

De conformidade co disposto nos artigos 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, 8.d) da Lei 7/1995, do 29 de xuño, sobre delegación de distribución de competencias e 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, faise público que o Concello Pleno, en sesión do 11 de decembro de 1997, prestou aprobación definitiva á modificación puntual no ámbito do solo apto para urbanizar industrial de Espiñeira.

Contra este acordo, que é definitivo na vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contados desde o día seguinte a aquel no que apareza publicado este anuncio por última vez no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

A interposición deste recurso deberá comunicárselle ó Concello de Boiro de conformidade co disposto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Boiro, 22 de decembro de 1997.

O alcalde

Rubricado

10178