Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Xoves, 22 de xaneiro de 1998 Páx. 596

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Obradoiro de Xoves Empresarios.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que a Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial foron depositados, ás 10 horas do día 12 de decembro de 1997, a acta de constitución e os estatutos da Asociación Obradoiro de Xoves Empresarios, que teñen os seguintes ámbitos:

Territorial: comarcal.

Profesional: todas aquelas persoas que inspiren a súa actividade en principios tendentes ó apoio e fomento das vocacións empresariais, a libre iniciativa e a economía de mercado.

Asinan a acta de constitución: José Luis Rial Mato e 5 persoas máis.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

A Coruña, 12 de decembro de 1997.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

98-194