Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Xoves, 22 de xaneiro de 1998 Páx. 583

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/200-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de

execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Loureiro Crespo-Asilo.

Situación: concello de Pontevedra.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV de 10 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a liña MUR808 entre os CC.TT. Edif. Pichel e Castañal, alimentando en bucle o C.T. que se proxecta en Loureiro Crespo-Asilo, concello de Pontevedra. C.T. de 630 kVA, relación de transformación 20.000/380-220 V R.B.T., subterránea de 130 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 1 de decembro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

237