A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.
Para cumprir este mandato e despois de emitido informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería,
DISPÓN:
Artigo único.
1. Queda aprobado o prezo de venda ó público das publicacións editadas por esta consellería e que se relacionan no anexo.
2. Estes prezos entenderanse con IVE incluído.
Santiago de Compostela, 29 de decembro de 1997.
José María Hernández Cochón
Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais
ANEXO I
Análise da mortalidade en Galicia 1995: 2.000 ptas.
Manual de espirometría para atención primaria: 1.000 ptas.
98-413