Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Mércores, 21 de xaneiro de 1998 Páx. 548

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aceptación do texto refundido do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico-Artístico denominado Plan Especial de Protección, Reforma Interior e Conservación Artística con aprobación inicial deste e sometemento do devandito instrumento á información pública.

A Comisión de Goberno, en sesión do 29-12-1997, en virtude da competencia delegada pola alcaldía en Resolución do 15-7-1996, adoptou o seguinte,

ACORDO:

Primeiro.-Prestar aprobación, con carácter inicial, ó instrumento de desenvolvemento do Plan Xeral de Ordenación Urbana denominado Plan Especial de Protección, Reforma Interior e Conservación Artística do Conxunto Histórico-Artístico, texto de carácter refundido resultante das modificacións introducidas por este concello no Plan Especial e Catálogo da Zona Histórica -inicialmente aprobados polo Pleno da Corporación o 29-10-1992, tralos dictames emitidos conxuntamente pola Comisión Muni

cipal de Urbanismo e membros da delegación provincial da Consellería de Cultura como consecuencia da formulación de alegacións e informe desta consellería subseguinte á súa información pública, xunto coa entrada en vigor de novas normas de obrigado cumprimento, sendo redactado este documento refundido, por instancia deste concello, por un equipo pluridisciplinar de funcionarios de carreira desta Administración municipal, baixo a dirección do arquitecto xefe do Servicio Municipal de Xestión e Disciplina Urbanística, Carlos García Velasco.

Segundo.-Facer constar que o Plan Especial de Protección, Reforma Interior e Conservación Artística do Conxunto Histórico-Artístico, inicialmente aprobado por este acto, integra entre a súa documentación un exhaustivo catálogo, de todas e cada unha das edificacións e elementos inmobles existentes no conxunto histórico-artístico, polo que subsume e amplía ó catálogo inicialmente aprobado o 29-10-1992, configurándolo a súa vez como un documento normativo do Plan Especial.

Terceiro.-Dispo-lo sometemento a información pública do Plan Especial de Protección inicialmente aprobado, durante o prazo dun mes, mediante a inserción de anuncios no taboleiro de edictos da Casa do Concello, un dos periódicos de maior circulación provincial, BOP e Diario Oficial de Galicia computándose ese período desde a inserción do anuncio correspondente nesta última publicación, podendo, en consecuencia, durante ese prazo por calquera interesado examina-la correspondente documentación neste concello e formula-las alegacións que se consideren pertinentes.

Cuarto.-Remitir copia da referida documentación urbanística inicialmente aprobada á Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia, coa finalidade de que emita o preceptivo informe, entendéndose en sentido favorable transcorridos tres meses desde a presentación do plan.

Durante o prazo dun mes contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examina-la documentación inicialmente aprobada e formula-las alegacións que considere procedentes.

Pontevedra, 30 de decembro de 1997.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral