Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Mércores, 21 de xaneiro de 1998 Páx. 547

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CEE

ANUNCIO.

En cumprimento do ordenado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e do acordo plenario do 26 de decembro de 1997 e de conformidade co disposto no artigo 101 da Lei 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, ábrese a seguinte convocatoria:

Obxecto: presentación de solicitudes ante o alcalde-presidente deste concello por parte de quen desexe exerce-lo cargo de xuíz titular de Cee.

Prazo de presentación de instancias: 15 días hábiles contados a partir da publicación deste anuncio no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

Condicións dos aspirantes:

a) Ser español e maior de idade.

b) Non estar impedido física ou psiquicamente para a función xudicial.

c) Non estar condenado por delicto doloso en tanto non obtivesen a rehabilitación.

d) Non estar procesado ou inculpado por delicto doloso, en tanto non sexan absoltos ou se dicte auto de sobresemento.

e) Estar en pleno exercicio dos dereitos civís.

Documentos que se deben xuntar á solicitude:

1. Certificado de nacemento ou fotocopia autenticada do DNI.

2. Certificación do Rexistro Central de Penados e Rebeldes.

3. Declaración complementaria a que fai referencia o artigo 2.1º a) da Lei 68/1980, referente a se se atopa inculpado ou procesado.

4. Xustificación dos méritos que se aleguen.

Lugar de presentación de solicitudes: as solicitudes presentaranse en días laborables, de 9.30 a

13.30 horas e de 16.30 a 19.30 horas nas oficinas municipais do concello.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Cee, 29 de decembro de 1997.

Manuel Lamela Lestón

Alcalde

71