Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Mércores, 21 de xaneiro de 1998 Páx. 547

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA BAÑA

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión do día 27 de decembro de 1997, acordou abrir un período de información pública sobre avance do plan xeral de ordenación municipal. O prazo de exposición pública será dun mes (que comezará a contar desde o día seguinte ó da última publicación), mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia, e nun dos xornais de maior circulación da provincia, durante o que as entidades e os particulares poderán suxeri-lo que consideren oportuno e presenta-las propostas e convenios urbanísticos que consideren procedentes.

A Baña, 30 de decembro de 1997.

José Andrés García Cardeso

Alcalde

68