Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Mércores, 21 de xaneiro de 1998 Páx. 537

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/194-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que segue:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: modificación liña A.T. 66 kV.

Situación: Padrón.

Descricións técnicas: modificado de liña eléctrica aérea de alta tensión a 66 kV, denominada Padrón-Finsa-Ribeira, consistente en: substitución de 5 apoios da liña existente desde apoio 8 ó 13, instalando tres apoios metálicos. Substitución de conductor existente entre subestación de Finsa e apoio nº 1 do tramo II, empregando novo conductor LA-180 de 2.472 m de lonxitude e cable de fibra óptica OPGW da mesma lonxitude.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulo III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regula

mentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 5 de xaneiro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

152