Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Martes, 20 de xaneiro de 1998 Páx. 504

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AUTORIDADE PORTUARIA DE MARÍN-PONTEVEDRA

ANUNCIO.

O Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra, na súa sesión ordinaria celebrada o día 23 de decembro de 1997, aprobou o prego de condicións de explotación para a presetación do servicio portuario de posta á disposición de medios mecánicos terrestres para a manipulación de mercadorías, mediante guindastres de pórtico no novo peirao comercial de 12 m de calado do porto de Marín. En virtude do dito acordo, as persoas físicas ou xurídicas interesadas en solicitar autorización para a presentación do citado servicio poderán examina-los correspondentes pregos nas oficinas da Autoridade Portuaria de Marín-Pontevedra, sita na avenida de Corbaceiras, s/n, de Pontevedra no prazo establecido para a presentación das solicitudes.

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral desta autoridade portuaria na forma que se sinala no prego de bases, no prazo de trinta días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOE, en días e horas de oficina.

Pontevedra, 8 de xaneiro de 1998.

Tomás Iribarren Fernández-Rogina

Presidente

José Carlos Navarro Bernabeu

Secretario xeral