De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 6 de marzo de 1997 (BOE do 27 de marzo), para a provisión da praza nº 97/001 de catedrático de universidade da área de coñecemento de bioquímica e bioloxía molecular, do departamento de Bioloxía Celular e Molecular desta universidade, a favor de María Esperanza Cerdán Villanueva, e unha vez acreditados pola interesada os requisitos os requisitos ós que alude o apartado 2 do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,
Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e ademais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a María Esperanza Cerdán Villanueva catedrática de universidade da área de coñecemento de bioquímica e bioloxía molecular, do departamento de Bioloxía Celular e Molecular desta universidade.
A Coruña, 26 de decembro de 1997.
José Luis Meilán Gil
Rector da Universidade da Coruña