Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Luns, 19 de xaneiro de 1998 Páx. 448

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CUNTIS

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión extraordinaria do 28 de novembro de 1997, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle promovido por Francisco Villaverde Barros e redactado polo arquitecto Luis Ruibal Rodríguez, que pretende o establecemento dunha aliñación dun peche cun retranqueo de 25 cm sobre o existente, no lugar de Vilar de Mato, parroquia de Cequeril. Sométese a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do derradeiro anuncio publicado no DOG e nun xornal, durante o cal as persoas, asociacións e entidades interesadas poderán presenta-las alegacións e/ou reclamacións que coiden oportunas. O devandito expediente está á disposición dos interesados nas oficinas da Casa do Concello, onde o poderán consultar de luns a venres, de 9 a 14 horas.

Cuntis, 15 de decembro de 1997.

Eduardo Rey Rodríguez

Alcalde