O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de competencias
nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:
Obxecto: subministración de material para esterilización.
Orzamento: 16.801.088 ptas.
Garantía provisional: 336.022 ptas.
Lote 1: bolsas mixtas, papel Esril. e rolo esteripapel.
Orzamento: 8.426.725 ptas.
Garantía provisional: 168.535 ptas.
Lote 2: control Esteril., Indic. esporas e Indic. químico steam-clox.
Orzamento: 5.117.472 ptas.
Garantía provisional: 102.349 ptas.
Lote 3: rolo hule P/Quir. 90x200 mts.
Orzamento: 650.560 ptas.
Garantía provisonal: 13.011 ptas.
Lote 4: Bomb. óxido de etileno.
Orzamento: 2.606.331 ptas.
Garantía provisional: 52.127 ptas.
Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto. (Tramitación anticipada).
Prazo de entrega: segundo necesidades comunicadas polo Servicio de Compras e Subministracións e, se é o caso, a partir dos 15 días naturais seguintes ó do asinamento do contrato.
Admisión de variantes: non se admiten variantes.
Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
Criterios de adxudicación:
Oferta económica: 60%.
Calidade dos materiais: 20%.
Servicio técnico da subministración: 20%.
Total: 100%.
Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo), As Xubias de Arriba, 84. 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 32.
Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.
Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da xerencia do complexo hospitalario (planta
baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.
A Coruña, 26 de decembro de 1997.
Jesús Caramés Bouzán
Director-xerente do Complexo Hospitalario
Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña
10578