Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Luns, 19 de xaneiro de 1998 Páx. 445

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 1997, da Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, pola que se anuncia, polo procedemento aberto e tramitación anticipada, o concurso público 101/1998 para a realización do servicio de mantemento de ascensores do citado complexo.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca o concurso público 101/1998 para a realización do servicio de mantemento de ascensores do citado complexo.

1. Entidade adxudicadora.

Servicio Galego de Saúde, Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos.

a) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Subministracións, Unidade de Contratación.

b) Número de expediente: C.P. 101/1998.

2. Obxecto da contratación.

a) Descrición do obxecto: realización do servicio de mantemento de ascensores.

b) División en lotes: as empresas licitantes deberán presentar oferta á totalidade do servicio.

3. Tramitación, procedemento e modalidade de adxudicación.

a) Tramitación: anticipada.

b) Procedemento: aberto.

c) Modalidade: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

10.607.990 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán á disposición dos concursantes para o seu exame tódolos días laborables, agás os sábados, das 9 ás 15 horas, no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, estrada de San Pedro, s/n, 15405 Ferrol (A Coruña). Teléfono (981) 33 40 32. Fax (981) 33 40 84.

7. Requisitos específicos do contratista.

A clasificación requirida ó contratista será: grupo III, subgrupo 7, categoría A.

A solvencia económica e financeira e a solvencia técnica acreditaranse de acordo co establecido nos

artigos 16 e 19 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas, e no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Prazo de presentación: as proposicións presentaranse antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no apartado 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: ve-lo punto 1, rexistro xeral.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a data de apertura de proposicións.

e) Admisión de variantes: ve-lo prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das proposicións.

Será realizada en acto público pola mesa de contratación, na sala de xuntas do citado complexo hospitalario, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

10. Outras informacións.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. Sen a concorrencia de ámbolos dous requisitos, non será admitida a proposición se é recibida polo órgano de contratación con posterioridade á data de terminación do prazo sinalado neste anuncio. Transcorridos, con todo, dez días naturais seguintes ó da indicada data sen ter recibida a mencionada proposición, esta non será admitida en ningún caso.

Os criterios que se seguirán para a adxudicación do contrato son os que se establecen no apartado 10 do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario.

Ferrol, 18 de decembro de 1997

Pedro Molina Coll

Director xerente do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol

10575