Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Luns, 19 de xaneiro de 1998 Páx. 443

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 18 de decembro de 1997, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de prego de cargos en expedientes sancionadores (C-1017/97 e seis máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que se relacionan a continuación o prego de cargos en expedientes sancionadores, instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG nº 99, do 27 de maio e BOE do 30 de setembro), sobre infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Os ditos interesados dispoñen do prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente cédula, para poderen examina-los expedientes na Delegación Comarcal da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Ribeira (Praza dos Mariñeiros, s/n), e presentaren perante a dita delegación as alegacións que consideren pertinentes conforme o disposto no artigo 16.4º da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

-Nº de expediente: C-1017/97, C-1283/97, C-1284/97 e C-1285/97.

Denunciado: Juan Carlos Santiago Rodríguez.

Domicilio: San Lázaro, 135-A Pobra do Caramiñal.

-Nº de expediente: C-1279/97 e C-1280/97.

Denunciada: Mónica Lijó Dávila.

Domicilio: San Lázaro, 135-Santa Cruz-A Pobra do Caramiñal.

-Nº de expediente: C-1324/97.

Denunciado: José Antonio Paz Recaman.

Domicilio: Perú, nº 5-Ribeira.

A Coruña, 18 de decembro de 1997.

María J. Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña

87