Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Luns, 19 de xaneiro de 1998 Páx. 413

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 11/1998, do 15 de xaneiro, polo que se nomea delegado provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais en Lugo, a José María Fernández Olea.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do con

selleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día quince de xaneiro mil novecentos noventa e oito,

Nomeo a José María Fernández Olea delegado provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais en Lugo.

Santiago de Compostela, quince de xaneiro de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

197