Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Venres, 16 de xaneiro de 1998 Páx. 405

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FISTERRA

EDICTO.

Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 27-11-1997, o proxecto redactado polos Servicios Urbanísticos Municipais, referido ó estudio de detalle dunha parcela sita na zona da Charca (San Martiño de Abaixo) deste municipio, exponse ó público por espacio dun mes, contado a partir da súa publicación no DOG ou La Voz de Galicia.

Fisterra, 3 de decembro de 1997.

Ernesto Insua Olveira

Alcalde-presidente

51