Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Venres, 16 de xaneiro de 1998 Páx. 402

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 1997 pola que se anuncia a información pública do proxecto actualizado da prolongación do acondicionamento do río Pontiñas desde a N-525 ó parque industrial.

Aprobado tecnicamente, por resolución do organismo autónomo Augas de Galicia con data do 23 de decembro de 1997, o proxecto actualizado da prolongación do acondicionamento do río Pontiñas desde a N-525 ó parque industrial, clave: OH.436.322 sométese o citado proxecto ó trámite de información pública durante un período de trinta días hábiles, a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co fin de que aqueles que o consideren oportuno poidan formular por escrito as observacións que crean convenientes ante o organismo autónomo Augas de Galicia da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, situado nos edificios administrativos de San Caetano en Santiago de Compostela e ante a alcaldía de Lalín, así como na Comisión Provincial de Medio Ambiente de Pontevedra, lugares onde este proxecto de referencia estará a disposición.

O que se fai público para os efectos do previsto na Lei de expropiación forzosa e no Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 1997.

Emilio García Gallego

Presidente do organismo autónomo Augas de Galicia

10549