Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Xoves, 15 de xaneiro de 1998 Páx. 354

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-203 e 226).

O Pleno do Concello, en sesión celebrada o día 22 de setembro de 1997, acordou aprobar definitivamente o proxecto de compensación sobre parte do SUNP A-32 e I-2 A Xesta, en Iñás (Oleiros).

Por resolución nº 5126/1997, con data do 28 de outubro de 1997, acordouse aprobar definitivamente o proxecto complementario de urbanización sobre parte do SUNP A-32 e I-2 A Xesta, en Iñás (Oleiros).

Contra estes acordos, que poñen fin á vía administrativa, poderá interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte a aquel no que reciba a presente notificación. De interpoñelo, advírteselle que o artigo 110.3 da lei require a comunicación previa ó órgano que dictou o acto impugnado. Tamén poderá interpo-lo recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, polo que se aproba o réxime xurídico das administraciones públicas e do procedemento administrativo común, nos prazos establecidos no apartado 2 do mesmo artigo 118. Todo isto sen prexuízo do dereito dos interesados a formula-la solicitude e a instancia a que se refiren os artigos 102.1 e 105.2 da citada lei.

Oleiros, 4 de decembro de 1997.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta

10403