Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Xoves, 15 de xaneiro de 1998 Páx. 354

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CRECENTE

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 1997 pola que se dispón a publicación da convocatoria de procesos selectivos para a provisión das prazas vacantes incluídas na oferta de emprego público do exercicio de 1997.

En cumprimento do acordo do Pleno da Corporación do día 22 de agosto de 1997 no que se aprobou o texto íntegro das bases xerais e específicas da convocatoria pública para a provisión das prazas vacantes existentes no cadro de persoal e contidas na oferta de emprego público de 1997 e no exercicio das atribucións á alcaldía polo artigo 41.14º do ROF, dispoño a publicación da convocatoria pública de probas selectivas para a provisión das seguintes prazas vacantes:

Prazas de persoal funcionario de carreira:

-Unha de auxiliar-Rexistro e Xulgado de Paz, da escala da Administración xeral, subescala auxiliar, integrada no grupo D.

-Unha de auxiliar-Depositaría, da escala da Administración xeral, subescala auxiliar, integrada no grupo D.

-Unha de auxiliar-Policía, da escala da Administración especial, subescala servicios especiais, integrada no grupo E.

Prazas de persoal laboral de duración indefinida:

-Unha de asistente social.

As probas selectivas convocadas rexeranse polas bases xerais e específicas aprobadas polo Pleno da Corporación na sesión do día 22 de agosto de 1997, texto que se publicou no BOP nº 212, con data do 3 de novembro de 1997, computándose o prazo de 20 días naturais para a presentación de instancias a partir da publicación da convocatoria no BOP.

O que se fai público para xeral coñecemento e para os efectos legais pertinentes.

Crecente, 13 de novembro de 1997.

Julio C. García-Luengo Montero

Alcalde

10404