Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Xoves, 15 de xaneiro de 1998 Páx. 353

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIRO

ANUNCIO.

De conformidade co disposto nos artigos 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, 8.d) da Lei 7/1995, do 29 de xuño, sobre delegación de distribución de competencias e 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, faise público que o Concello Pleno, en sesión do 11 de decembro de 1997, prestou aprobación definitiva á modificación puntual no ámbito do solo apto para urbanizar industrial de Espiñeira.

Contra este acordo, que é definitivo na vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contados desde o día seguinte a aquel no que apareza publicado este anuncio por última vez no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

A interposición deste recurso deberá comunicárselle ó Concello de Boiro de conformidade co disposto no artigo 110.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Boiro, 22 de decembro de 1997.

O alcalde

Rubricado

10236