Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Xoves, 15 de xaneiro de 1998 Páx. 343

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 1997, da Delegación Territorial de Vigo, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a adxudicación dos servicios de cafetería do Instituto Galego de Formación en Acuicultura sito na Illa de Arousa (Pontevedra).

A Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso que a seguir se cita:

1. Obxecto: adxudicación do servicio de cafetería do Instituto Galego de Formación en Acuicultura sito na Illa de Arousa (Pontevedra).

Nº de expediente: PO-1/1997.

2. Duración: un ano (prorrogable). Con duración máxima de seis anos.

3. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e trámite de urxencia.

4. Canón de explotación: vintecinco mil pesetas (25.000 ptas.).

5. Obtención de documentación e información. O pliego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán á disposición dos interesados para o seu exame:

-Na Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación.

-Na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura na Coruña. R/ Ramón y Cajal, 1-Casa do Mar, 5ª planta. 15006 A Coruña. Tlfno.: 18 20 01. Fax: 18 20 27.

-Na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Celeiro (Lugo). Avda. Ramón Canosa s/n. 27863 Celeiro-Viveiro. Tlfno. : 55 17 69. Fax: 55 13 68.

-Na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo (Pontevedra). R/ Palma, 4. 36202 Vigo. Tlfno.: 81 71 09. Fax: 81 71 02.

Tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas, ata o último día de presentación das proposicións.

6. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación: no rexistro da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo (r/ Palma, 4. 36202 Vigo) ou por calquera dos xeitos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado, no prazo de trece días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (986) 81 71 02 ou telegrama, no mesmo día.

7. Documentación que deben presenta-los licitadores: o que se indica na cláusula 5ª do pliego de cláusulas administrativas particulares.

8. Apertura das ofertas: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo (r/ Palma, 4. 36202 Vigo), ás 12 horas do primeiro día hábil no que se cumpran tres días naturais, contados desde a data seguinte á do remate do prazo de presentación de ofertas. De coincidir en sábado, a apertura será o seguinte día hábil.

9. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Vigo, 15 de decembro de 1997.

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo (Pontevedra)

10564