Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Xoves, 15 de xaneiro de 1998 Páx. 342

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación de solicitude do permiso de investigación Maria Derreti, nos concellos de Meis, Barro e Pontevedra, por parte de Camilo Míguez Martínez.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra fai saber que Camilo Míguez Martínez, con domicilio en r/ Real, 9, Vilameán, Tomiño, presentou nesta delegación provincial, o día 18 de novembro de 1996, instancia-solicitude do permiso de investigación María Derreti, de 24 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental e sección c), que se sitúa nos termos municipais de Meis, Barro e Pontevedra, da provincia de Pontevedra, e que lle correspondeu o nº 2753, da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 18º 42' 00''42º 30' 20''

Vértice 28º 40' 00''42º 30' 20''

Vértice 38º 40' 00''42º 29' 00''

Vértice 48º 42' 00''42º 29' 00''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial: pasado o dito prazo non se admitirá oposición ningunha.

Pontevedra, 10 de decembro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

10381