Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Xoves, 15 de xaneiro de 1998 Páx. 337

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (134/1997).

En providencia da data, dictada polo maxistrado xuíz deste xulgado, no xuízo verbal da faltas núm. 134/1997, que se segue por lesións en agresión, cítase a José Luis Calderas Vilas para que o vindeiro día trece de febreiro, ás dez horas, compareza perante a sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Viena s/n, polígono das Fontiñas desta cidade, co obxecto de asistir á celebración do dito xuízo en calidade de denunciado, baixo apercibimento de que, se non o verifica nin alega xusta causa para deixar de facelo, poderá ser multado conforme a lei e recaer sobre el os prexuízos ós que houbese lugar en dereito, podendo, se é parte, ser asistido por avogado e debendo acudir ó xuízo coas probas das que tente valerse. E para que así conste e lle sirva de citación en forma a José Luis Calderas Vilas, en paradoiro descoñecido, expido a presente cédula en Santiago de Compostela o dezanove de decembro de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

10367