Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Mércores, 14 de xaneiro de 1998 Páx. 315

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ALLARIZ

EDICTO sobre a aprobación definitiva do proxecto de urbanización do parque empresarial de Chorente (Allariz).

En cumprimento do disposto no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, faise público para xeral coñecemento que o Pleno do Concello de Allariz, en sesión celebrada o día

3 de decembro de 1997, aprobou con carácter definitivo o proxecto de urbanización do parque empresarial de Chorente (Allariz), correspondente ó plan parcial nº 1 dos usos industriais, redactado polo enxeñeiro de camiños, canais e portos, Manuel Durán, e pola sociedade de enxeñeiros-consultores, Inselt, S.L., o correspondente á instalación eléctrica.

Allariz, 5 de decembro de 1997.

Anxo M. Quintana González

Alcalde

109