Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Mércores, 14 de xaneiro de 1998 Páx. 310

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/315-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en Vilar de Suso.

Situación: A Baña.

Características técnicas: L.M.T.A: a 15/20 kV de 0,013 km con orixe na L.M.T. Tapia-San Román (expediente 27323) e final no C.T. proxectado, en conductor LA-56/54,6 mm. C.T. intemperie de 50 kVA 20.000/380-220 V en Vilar de Suso. R.B.T.A. de 1,4 km con orixe no C.T. Vilar de Suso, en conductor R.Z. e sobre apoios de formigón. Tipo H.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 24 de novembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

10365