Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Mércores, 14 de xaneiro de 1998 Páx. 309

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/313-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a peti

ción de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. e C.T.C. rúa Romaro Donallo.

Situación: Santiago de Compostela.

Características técnicas: L.M.T.S: a 15/20 kV de 0,305 km con orixe no C.T. Ponteseca (expediente 30096) e final no C.T.L. Ouzande (expediente 17226) despois de entrar e saír no novo C.T. Romero Donallo, 45, en conductor R.H.V. 12/20 kV 3(1x240) Al. C.T. non prefabricado de 630 kVA 20.000/380-220 V, na planta baixa da rúa Romero Donallo, 45.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 24 de novembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

10363