Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Martes, 13 de xaneiro de 1998 Páx. 275

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/308-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. e R.B.T.S. 1ª Trav. de Avda. Bos Aires.

Situación: Arteixo.

Características técnicas: L.M.T. aérea núa a 15/20 kV con orixe na L.M.T. Furoca-quinto Pino (expediente 19459) e final na L.M.T.S. ó C.T.X. 1ª Trav. de Avda. Bos Aires, apoios tipo entroncamento. L.M.T.S. a 15/20 kV de 0,15 km con orixe na L.M.T.A. Furoca-Quinto Pino (expediente 19459) e final no C.T.C. 1ª Trav. da Avda. Bos Aires, en conductor R.H.V. C.T. non prefabricado de 400 kVA 15000/380-220 V na 1ª Trav. de Bos Aires. L.B.T. aérea de 0,078 km en conductor R.Z. rede Pousada. R.B.T.S. de 0,168 km con orixe no C.T.C. 1ª Trav. de Avda. Bos Aires, en conductor R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 21 de novembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

10358